Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Actividades
|
05/07/2010
Comeza o Campamento Rumbo Norte no Museo Provincial do Mar de san Cibrao
Desde o 5 ao 10 de xullo e desde o 9 ao 14 de agosto vaise desenvolver no Museo Provincial do Mar, en San Cibrao, Cervo, o IV Campamento Rumbo Norte que pretende achegar a rapaces de entre 4 e 16 anos os saberes tradicionais relacionados co mundo do mar.
+ Consulte aquí o programa completo da actividade>>
|
|
29/06/2010
MUSEO PROVINCIAL DO MAR: Este verán, ciclo de cine e mar
O Museo Provincial do Mar de San cibrao, Cervo, coa colaboración do CGAI (Centro Galego de Artes da Imaxe) vai proxectar desde o día 1 de xullo e durante todos os días deste verán 2010 (agás domingos e luns), sempre ás 19 horas, filmes e documentais relacionados co mundo do mar. Consulte aquí os títulos que se van proxectar:
|
|
25/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Museo Provincial do Mar
No programa de actividades que puxemos en práctica o pasado ano (verán 2009), quixemos introducir ós rapaces no día a día do mundo do mar e dos seus oficios, fabricar con eles unha nova lente que lles aportase unha forma diferente de mirar e de comprender a realidade do entorno co que interactúan a diario, pero para o que non posuían os suficientes coñecementos para interpretalo.
Neste senso, a proposta para o verán 2010 pretende asentarse nos mesmos obxectivos de diversión e aprendizaxe, interación co medio e de recuperación e difusión da memoria histórica e dos saberes tradicionais. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 11 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición. + Consulte o programa completo>>
|
|
10/05/2010
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2010: Museos para a harmonía social
Durante estes días conmemóranse a Noite dos Museos, sábado 15, o Día das Letras Galegas, luns 17 e o Día Internacional dos Museos, o martes 18 de maio.Os 4 museos da Rede Museístcia da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) programa para estas datas unha serie de actos que teñen como obxectivo prioritario a intercomunicación cos seus visitantes: exposicións, teatro, obradoiros, visitas guiadas, concertos (Ugia Pedreira, Fred Martins, Emilio Cao), conferencias, agasallos... + Consulte o programa completo dos catro museos>>
|
|
06/03/2010
Xornadas Técnicas sobre o ourizo
Durante a mañá do sábado, 6 de marzo de 2010, vanse desenvolver no Museo Provincial do Mar de San Cibrao as X Xornadas Técnicas sobre o Ourizo, no marco da XIX Festa do Ourizo que organiza o concello de Cervo na mesma localidade. Intervén como relator don Antonio Rodríguez Fernández, Xefe do Servizo de Mercados da Consellería do Mar, quen impartirá as 12:15 h. o relatorio "O ourizo: a comercialización como estratexia de futuro"
|
|
03/03/2010
A arte de ser muller nun mundo por compartir
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse ás conmemoracións arredor do Día da Muller, 8 de marzo, e do Ano Internacional do Achegamento entre Culturas, promovido pola UNESCO, con diversos actos e actividades. Estes actos vanse desenvolver desde o 4 ata o 15 de marzo no Museo Etnográfico San Paio de Narla, o 10 de marzo no Museo Pazo de Tor, e o 13 de marzo no Museo Provincial do Mar consonte ao programa que se adxunta.+ info >>
|
|
02/02/2010
O Labirinto ario no Museo Provincial do Mar
A Rede Museística da Deputación de Lugo programa para o vindeiro venres, 5 de febreiro de 2010, unha serie de actos de apoio a “O labirinto ario”, curta aspirante aos Premios Mestre Mateo. O filme foi gravada no Pazo de Tor, dirixido por Alfredo Pardo e producido por Chantada Films, e contou coa colaboración económica da Área de Cultura da Deputación. Estreouse no Pazo de Tor o 16 de maio de 2009. Interveñen nos actos de apoio (consulte o programa no desenvolvemento desta nova): Brais García, Xoán Curiel, Silvia Fiallega, Alfredo Pardo e Encarna Lago. + info >>
|
|