Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Actividades
|
19/08/2010
A MURALLA NO MUSEO
Dentro do Programa de Actividades de Verán do Museo Provincial de Lugo, hoxe xoves, día 19, deu comezo no devandito museo o obradoiro A MURALLA NO MUSEO. Impartido por María Losada Montenegro, do Departamento de Didáctica, está dirixido a rapaces/zas de 12 a 15 anos, ten como obxectivo coñecer todos os materiais recuperados da muralla e agora expostos no Museo Provincial de Lugo.
|
|
03/08/2010
Obradoiro FOTOGRAFÍA ARTÍSTICA
Dentro do programa de Actividades de Verán do Museo Provincial de Lugo, desenvolveuse un obradoiro de fotografía dirixido a rapaces/zas de 7 a 13 anos. Impartido por Germán Limeres e Víctor López Formeselle, unha das actividades realizadas polos participantes nesta experiencia foi a elaboración dun mural xigante a base de fotografías, que actualmente se pode contemplar no pasillo situado á entrada da sala de exposicións deste museo.
|
|
28/07/2010
Obradoiro ABANOS, ARTE EN MOVEMENTO
Dentro do Programa de Actividades de Verán do Museo Provincial de Lugo, esta tendo lugar no devandito museo o obradoiro ABANOS, ARTE EN MOVEMENTO, impartido por Paula Salinas Somoza. Dirixido a rapaces/zas de 7 a 10 anos, esta actividade, que se desenvolve dende as 11,30 ás 13,30 horas, ten como obxectivo coñecer a orixe, usos e segredos da comunicación con abanos por medio da pintura e o debuxo.
|
|
19/07/2010
OBRADOIRO: Campamento de arqueoloxía
Os días 19, 20 e 21 de xullo vaise desenvolver no MPL o VII campamento de arqueoloxía, impartido por Lucía Dequidt Lagares e Enrique Alcorta para nenos e nenas entre os 6 a 9 anos.
Este mesmo obradoiro terá continuidade no Museo Etnográfico de San Paio de Narla entre os días 22 e 24 de xullo, no Pazo de Tor entre o 27 e o 29 deste mesmo mes, e no Museo Provincial do Mar de San Cibrao entre o 30 de xullo e o 1 de agosto. Pra realizar as inscricións deben poñerse en contacto con cada un dos museos.+ info >>
|
|
10/07/2010
OBRADOIRO de CARICATURAS: Castealo. A derradeira lección do mestre
Este sábado, 10 de xullo, entre as 11.30 e as 13.30 horas, obradoiro de caricaturas para nenos e nenas entre 10 e 13 anos, a cargo de Joaquín París. Inscrición previa no Departamento de Didáctica, tfno.: 982 24 23 00.
+ info >>
|
|
05/07/2010
Xogos romanos de taboleiro no Museo Provincial de Lugo
Desde o 5 e ata o 9 de xullo vaise desenvolver este obradoiro para rapaces de entre 8 e 12 anos no MPl a cargo de monitores da Asociación Caetra Lucensium MMX. + Consulte aquí o programa completo da actividade>>
|
|
26/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Museo Provincial de Lugo
Desde o Museo Provincial de Lugo e do resto dos museos integrados na Rede Museística da Deputación de Lugo procuramos satisfacer o interese de todas as persoas, sobre todo dos máis novos, que desexan aproveitar os días de lecer do verán para acrecentar as experiencias tendo como referentes a arte, a historia e, en xeral, a cultura. O programa que lles presentamos tenta ofrecer unha ampla variedade de alternativas, sempre atendendo ao lúdico e ao fomento de valores como a amizade, a solidariedade ou as relacións interculturais. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 10:30 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición. + Consulte o programa completo>>
|
|