Para presentar unha comunicación é obrigatorio estar preinscrito e admitido nas 17ª Xornadas DEAC.
As comunicacións teñen obrigatoriamente que estar centradas nalgún dos seminarios específicos e bloques temáticos establecidos no programa:
1.-Educación e museos nos Social Media & Os DEAC hoxe
a.-Redes de museos
b.-Museos e comunidade
2.-Museos, colaboración e cooperación
a.-As TIC contra a crise
b.-Experiencias dos DEAC hoxe
3.-Museos e acción social
-Experiencias e estudos sobre proxectos de acción social
O prazo de entrega de comunicacións comeza o 1 de maio e remata o 30 de maio de 2012.
O 1 de xuño de 2012 o comité organizador comunicará a aceptación das comunicacións seleccionadas entre todas as presentadas.
Todos os interesados en enviar comunicacións deberán enviar un e-mail a info@museolugo.org indicando no asunto DEAC 2012 coa seguinte información complementaria:
-Seminario específico onde desexa presentar a súa comunicación.
-Comunicación íntegra cun resume non superior a 700 caracteres (os resumes deberán incluír entre 3 e 6 palabras clave).
-Nome e apelidos
-Enderezo postal
-Localidade e provincia:
-Institución cultural onde traballa
-Telefóno
Para a selección das comunicacións seguiranse como pautas de decisión a oportunidade do tema no contexto actual e das xornadas, a orixinalidade, a calidade formal e de contidos, e o interese xeral.