Museo Provincial de Lugo
|
Museo Etnográfico San Paio de Narla
|
Museo Provincial do Mar
|
Pazo de Tor
|
|
 |
Actividades
|
27/08/2010
PAZO DE TOR: Obradoiro arredor da figura de Domingo Fontán
A Rede Museística da Deputación de Lugo organizou este verán no Pazo de Tor un obradoiro denominado "Domingo Fontán: Cartas xeográficas" dirixido a nenos/as de entre os 4 e os 15 anos. Aproveitando a existencia dunha copia do coñecido "Mapa de Fontán" no propio pazo, pretendeuse iniciar aos mozos nos procesos de investigación,conservación e exposición, neste caso traballando cun cento de documentos inéditos cedidos pola Fundación Domingo Fontán.
Os alumnos participantes neste obradoiro crearon unha web que permite ver o meritorio traballo realizado arredor da figura do meirande xeoógrafo galego >>neste enlace á web
|
|
23/08/2010
Xogos romanos de taboleiro en Tor e Narla
Durante os días 23, 24 e 25 de agosto vanse desenvolver no Museo-Fortaleza de San Paio de Narla, en Friol, e no Pazo de Tor, Monforte de Lemos, unha actividade para rapaces de entre 8 e 12 anos denominada "Xogos romanos de taboleiro" . O obradoiro, a cargo de monitores da Asociación Cultural “Caetra Lucensium MMX” pretende, entre outros obxectivos, estimular a curiosidade polo patrimonio histórico e cultural e promover de modo lúdico competencias ligadas ás áreas das matemáticas e da historia.
|
|
25/06/2010
Programa de actividades para o verán 2010 no Pazo de Tor
As actividades na Rede Museística configuranse como un nexo de unión ou complementación un espazo para compartir. Defendemos que o museo pode axudar a construción da identidade e o desenvolvemento da comunidade, favorecendo as relacións de cooperación, así como a colaboración intercultural. O prazo de matrícula comeza o venres, 25 de xuño, a partir das 11 h. e queda aberto ata cubrir as prazas previstas para cada obradoiro por rigorosa orde de inscrición. + Consulte o programa completo>>
|
|
18/05/2010
O Día Internacional dos Museos no Pazo de Tor
Os museso da Rede Museística da Deputación de Lugo celebran hoxe o Día Internacional dos Museos no Pazo de Tor cunha programación que inclúe a presentación dos traballos de restauración do Mapa Fontán, unha conferencia de Encarna Lago, unha visita guiada teléfónica na que intervén Miguel Moreno desde o Museo Tiflológico da ONCE e o concerto de Ugia Pedreira e Fred Martins.Os asistentes a estes actos recibirán como agasallo unha copia do vídeo homenaxe a Uxío Novoneyra e outra do poema da súa autoría dedicado ao Pazo de Tor. + Consulte o programa completo>>
|
|
10/05/2010
DÍA INTERNACIONAL DOS MUSEOS 2010: Museos para a harmonía social
Durante estes días conmemóranse a Noite dos Museos, sábado 15, o Día das Letras Galegas, luns 17 e o Día Internacional dos Museos, o martes 18 de maio.Os 4 museos da Rede Museístcia da Deputación de Lugo (Museo Provincial de Lugo, Museo Etnográfico de San Paio de Narla, Museo Provincial do Mar e Pazo de Tor) programa para estas datas unha serie de actos que teñen como obxectivo prioritario a intercomunicación cos seus visitantes: exposicións, teatro, obradoiros, visitas guiadas, concertos (Ugia Pedreira, Fred Martins, Emilio Cao), conferencias, agasallos... + Consulte o programa completo dos catro museos>>
|
|
11/03/2010
Toribia descobre o Pazo de Tor a través dos sentidos
O mércores, 17 de marzo, entre as 10:30 e as 14 horas, vaise desenvolver no Pazo de Tor unha actividade pensada para os máis pequeniños, entre 2 a 5 anos. Participarán 45 nenos e nenas, xunto cos seus coidadores e coidadoras, procedentes das garderías de Monforte. A garza Toribia fará de anfitriona entre o espazo e os contidos do Pazo de Tor e os párvulos, procurando o achegamento a través de sensacións, de emocións, de estímulos e de afectos.
|
|
03/03/2010
A arte de ser muller nun mundo por compartir
Os museos da Rede Museística da Deputación de Lugo súmanse ás conmemoracións arredor do Día da Muller, 8 de marzo, e do Ano Internacional do Achegamento entre Culturas, promovido pola UNESCO, con diversos actos e actividades. Estes actos vanse desenvolver desde o 4 ata o 15 de marzo no Museo Etnográfico San Paio de Narla, o 10 de marzo no Museo Pazo de Tor, e o 13 de marzo no Museo Provincial do Mar consonte ao programa que se adxunta.+ info >>
|
|