SARTEGO DE ZOLLE

Este sartego foi doado en agosto de 1973 ao Museo Provincial de Lugo por don Ricardo López Pacho, profesor do colexio Irmáns Maristas de Lugo e responsable do comando que o descubrira, o nº 53 do programa-concurso Misión Rescate de Radio Nacional de España. Procede do lugar de Fontao, parroquia de Sta. María de Zolle, concello de Guntín (Lugo). O sartego era empregado, ata que foi retirado, como pía para dar de beber ao gando, e tamén como pedra de afiar ferramentas de corte como amosa o desgaste da parte superior dun dos laterais.
Trátase dun sartego antropomorfo, dobre, sen tapa, con capacidade para dúas persoas, feito a partir dun só bloque de granito. No interior presenta un gran oco con dous rebaixes coa forma dunha cabeza, e no exterior, pola parte da cabeceira, presenta en relevo una cruz patada, franqueada polas letras Alfa () e Omega (, símbolos que representan o principio e a fin de todas as cousas. As medidas son 214 cm. de longo, 87 cm. de ancho e 48 cm. de altura.
Tense especulado coa posibilidade de que os dous relevos que franquean os brazos da cruz poideran corresponder a dúas figuras humanas A da dereita representaría a un home e a da esquerda a unha muller. E mesmo se ten proposto, continuando cunha hipótese pouco verosímil, que esta disposición das figuras humanas poidera ser indicativa da colocación dos cadáveres dentro do sartego.
Os estudosos da peza coinciden en adscribila ao período prerrománico de influencia visigótica, o que suxire una cronoloxía aproximada entre o s. IX e finais do s. X.

Antonio Reigosa Carreiras

Descargar


CARTAFOL DO MUSEO GUÍA GRÁFICA DO MUSEO PROVINCIAL DE LUGO

LÁMINA